Vigo reduciu o seu consumo de auga en máis de 1,7 millóns de m3 durante 2008
<b>aqualia</b>, empresa concesionaria da xestión integral da auga en Vigo informa que, durante o ano 2008, se reduciu o consumo de auga da cidade en máis de 1.700.000 metros cúbicos, o suficiente para abastecer durante un ano a unha cidade de 25.000 habitantes (equivalente á poboación de Marín). Cada vigués consome unha media de 128,75 litros/día, un 12,3% menos que hai oito anos. As empresas tamén reduciron o consumo de auga, case un 17% pasando dos 914 aos 765 litros.