Escoitar

As ordenanzas fiscais para o 2010 reduciranse nun 0,2%

O Goberno Municipal propón actualizar as tarifas das ordenanzas fiscais para o próximo ano cunha reducción dos tipos impositivos nun 0,2% segundo aprobou hoxe luns a Xunta de Goberno Local. O alcalde, Abel Caballero, manifestou que é a primera vez na historia de Vigo que se reducen os tipos impositivos.

luns, 14 set 2009
O rexidor municipal informou que se incrementan os mínimos exentos, é decir aumentarase nun 2,1% as contías de ingresos para acolleres a beneficios fiscais. A modo de exemplo, na taxa pola recollida de lixo estarán exentas as familias con ingresos brutos anuais percapita inferiores a 3.487 euros, para o ano 2009 era de 3.415euros.

Para o ano 2010 establécese unha nova taxa para gravar o aproveitamento especial da vía pública por empresas de telefonía mobil. Este acordo xustificase por motivos de "equidade fiscal" e dar a estas empresas igual tratamento impositivo que as de telefonía fixa, electricidade, gas, auga, fibra óptica...

A taxa do lixo domestico pasa a 79,30 euros e o imposto sobre vehiculos queda do seguinte xeito:
-De menos de 8 cabalos fiscais 20,85
-De 8 ata 11,99 cabalos fiscais 57,95
-De 12 ata 15,99 cabalos fiscais 124,45
-De 16 ata 19,99 cabalos fiscais 178,85
-De mais de 20 cabalos fiscais 223,55