Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Sentido único en diversas rúas

Ponse en coñecemento do público en xeral que coa finalidade de mellorar a circulación viaria no entorno da rúa Bagunda, e co consenso dos veciños, establécese sentido único na rúas seguintes: <br /> Bagunda, entre as rúas Severino Cobas e Pateira, cara a Pateira. As Súas Viñas, entre Bagunda e Alcalde Lavadores, cara a Alcalde Lavadores. Dende o mércores 16 de setembro de 2009 ás 10.00 horas.

venres, 11 set 2009
O servizo de autobús Vitrasa manterá as súas liñas como estaban antes da reforma.
O acceso ás naves industriais de Severino Cobas será polas rúas Alcalde Lavadores,Gandarón e Bagunda.
Prégase a máxima atención a sinalización vial.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.