martes, 8 set 2009
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este martes que "é a primeira vez que o Concello de Vigo incrementa o seu orzamento destinado a cooperación máis alá da subida do IPC" ao pasar de 64.000 a 100.000 euros. A edil así o subliñou no transcurso do acto celebrado con motivo do Día Internacional do Cooperante, no que participaron representantes de distintas ONGs e do Fondo Galego de Cooperación, e no que ademais de dar lectura á declaración institucional aprobada no pleno de onte, se mantivo unha conversa coa cooperante viguesa Ana Maro, que desenvolve o seu traballo en Guatemala.
martes, 8 set 2009
Ata 40 productos distintos poderanse degustar na séptima edición da Festa do Marisco de Vigo, Vigomar 2009, que se celebrará os días 10, 11, 12 e 13 deste mes. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou hoxe na presentación que estas xornadas marisqueiras son xa un referente turístico importante da nosa cidade e tamén dentro das festas gastronómicas de Galicia. "Tiñamos o produto, tiñamos a calidade e tiñamos o contorno, só nos faltaba unha festa como esta que servira de referente para que nos visiten persoas de todos os puntos do Estado", sinalou.
martes, 8 set 2009
A primeira hora da mañá de hoxe foron retiradas todas as plantas de estramonio atopadas nos maceteiros da rúa Teófilo Llorente. A partir de agora farase un seguimento ante a posibilidade de que se produzan novos brotes, xa que todo apunta a que a orixe da súa aparición está na terra empregada para encher os maceteiros.
Mobilidade e Seguridade
martes, 8 set 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar <br />
pola empresa GasS Galicia, estará pechada ao tráfico a Rúa Roteas de Abaixo (Sampaio), con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 09 de setembro de 2009 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.