Escoitar

O Concello prepara os accesos dos centros de ensino do rural con motivo do inicio do curso

O alcalde Abel Caballero realizou hoxe unha visita ás obras de acceso ao colexio Carballal en Candeán. As obras consistiron na construcción de 200 metros de aceras desde a Avda. do Aeroporto ata o centro educativo.

martes, 8 set 2009
1252413469P9080621.JPG
Estas obras, cun presuposto de 4.000 euros, realizaronse durante dous meses a través do convenio que o Concello ten co INEM e con material proporcionado pola Concellería de Vías e Obras. A construcción deste acceso era necesario e demandado debido á complexidade do mesmo para que o alumnado chegase con seguridade ó centro.

O alcalde lembrou ,no transcurso da visita, que con motivo do inicio do curso escolar estase a limpar os accesos a todos os centros de ensino público do rural e que se está a comprobar o perfecto estado da sinalización, pasos de peóns e bandas reductoras de volacidade.

Caballero subliñou o investimento realizado no centros de ensino público durante os meses de verán para a reforma das instalacións eléctricas ás que se destinaron 371.412 euros dos fondos estatais. O alcalde tamén lembrou a necesidade de afrontar a reforma dos colexios públicos segundo o proxecto de 20M€ que elaborou a concellería de Educación e que se está a buscar recursos para afrontar a reforma inmediata dos comedores.
Descargar todas as imaxes