venres, 11 setembro 2009

Santi Domínguez critica que Corina Porro repita erros do pasado "mantendo as parceliñas de poder no Porto"

venres, 11 set 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, criticou este venres que a presidenta da Autoridade Portuaria non teña unha "visión integral" do Porto e non escoite a todas as partes que teñen algo que dicir. "Estamos caendo nos erros que se cometeron sempre co Porto, non actuando nel de forma integral, senón como auténticas parceliñas e respectando as parceliñas de poder que hai nel", lamentou o tenente de alcalde no transcurso dun almorzo informativo con xornalistas.

O PILI -programa de inmersión en lingua inglesa- 2009 permite a estadía de 125 alumnos/as, en réxime de inmersión linguística, durante tres semanas, dende o 12 de setembro ao 3 de outubro en cinco localidades inglesas:

125 estudantes do programa de inmersión en lingua inglesa parten o sábado a Londres<br />

venres, 11 set 2009

Esta iniciativa didáctica municipal ten como obxectivo primordial ofrecer ao alumnado de 4º de ESO dos institutos públicos da nosa cidade a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo.<br /> <br />

Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico a rúa Conde de Torrecedeira

venres, 11 set 2009

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de asfaltado en horario nocturno, a realizar pola empresa Hidroestructuras, estará pechada ao tráfico a rúa Conde de Torrecedeira, treito entre Eugenio Fadrique e Severo Ochoa, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 14 de setembro de 2009 en horario de 23.00 a 06.00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Tomás A. Alonso

venres, 11 set 2009

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de asfaltado en horario nocturno, a realizar pola empresa Movexvial, estará pechada ao tráfico a rúa Tomás A. Alonso, treito entre Eugenio Fadrique e Pi Margall, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 14 de setembro de 2009 en horario de 23.00 a 06.00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Darío Álvarez Blázquez

venres, 11 set 2009

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construción de aparcamento soterrado, a realizar pola empresa Ute Dragados Exconsa, estará pechada ao tráfico a rúa Darío Álvarez Blázquez, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 14 de setembro de 2009 ás 10.00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Mobilidade e Seguridade

Sentido único en diversas rúas

venres, 11 set 2009

Ponse en coñecemento do público en xeral que coa finalidade de mellorar a circulación viaria no entorno da rúa Bagunda, e co consenso dos veciños, establécese sentido único na rúas seguintes: <br /> Bagunda, entre as rúas Severino Cobas e Pateira, cara a Pateira. As Súas Viñas, entre Bagunda e Alcalde Lavadores, cara a Alcalde Lavadores. Dende o mércores 16 de setembro de 2009 ás 10.00 horas.