Escoitar

O tenente de alcalde reivindica o orgullo de ser vigués na inauguración da Festa do Marisco Vigomar 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, reivindicou este xoves o orgullo de ser vigués na inauguración da séptima edición da Festa do Marisco de Vigo, Vigomar 2009, que se celebrará ata o vindeiro domingo, 13 de setembro. No acto, que contou como pregoeiro co xornalista de Larpeiros de Televisión de Galicia, Tomás Alonso, o concelleiro asegurou que os vigueses e viguesas podemos "elevar a autoestima porque temos os mellores produtos, a mellor ría, o mellor porto pesqueiro e a mellor cidade".

xoves, 10 set 2009
1252586676inafeiramarisco.jpg
"Vigo tiña que inventar unha festa como esta", salientou o tenente de alcalde, porque ao seu xuízo "temos unha cidade que sabe vivir en torno ao mar", polo que expresou o seus parabéns á organización. Reivindicou asemade o "sano orgullo de sentirnos unha cidade feliz, co mellor mar e as mellores festas", como esta do marisco, na que se poden degustar racións desde 3,50 euros ata parrilladas de marisco de 45 euros. Seguidamente Santi Domínguez presentou ao pregoeiro desta edición de Vigomar 2009, o xornalista Tomás Alonso.

Na súa intervención o condutor do programa Larpeiros da TVG asegurou que hai dúas cousas polas que "tolea": "Vigo e o marisco". Ao respecto, e comparando a cidade cos outras urbes do estado e as súas comidas típicas salientou que "Vigo ten que sacar peito co noso marisco". Sinalou tamén que dende que hai dous anos participa no programa Larpeiros descobríu que "o segredo da cociña está na calidade da materia prima". "Contra a crise, marisco, que o hai de todos os prezos, e longa vida ao marisco", rematou.
Descargar todas as imaxes