Escoitar

Bouzas contará cun aparcamento para residentes

O alcalde Abel Caballero presentou esta mañá en Bouzas o proxecto de aparcamento para residentes que estará situado entre as rúas Eduardo Cabello e Santo Cristo.

xoves, 10 set 2009
1252587203P9100627.JPG
Caballero anunciara o seu compromiso de facer un aparcamento soterrado en Bouzas en agosto de 2008 cando presentou o proxecto de humanización da Alameda Suarez Llanos, ante a necesidade dete servizo na zona.

No mes de setembro pasado iniciouse un estudo de aparcamentos de residentes pensando como zonas preferentes Bouzas e Travesía de Vigo.
Descargar todas as imaxes