Iolanda Veloso anuncia que Igualdade ofrece 3.000 prazas de formación e tempo libre dirixidas a mulleres
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou hoxe que o departamento que dirixe ofrece un total de 3.000 prazas que forman parte do Programa de Formación e Tempo Libre dirixido a mulleres. Segundo afirmou a edil, con este programa, que se desenvolve en colaboración con máis de 50 asociacións ata xuño de 2010, quérese "cubrir as demandas de todas as mulleres e pensando en todas as idades das demandantes".
"A Concellería de Igualdade é a única que ofrece un espazo propio para mulleres, que todavía é moi demandado", apuntou Iolanda Veloso. A concelleira nacionalista explicou que as materias dos cursos nos que as mulleres maiores de 18 anos poden participar son moi variadas e abarcan dende actividades físicas, nutrición ou masaxe ata risoterapia ou pintura. Asemade, salientou que o traballo coas asociacións é fundamental e dende a concellería se busca a "maior flexibilidade posible para que todas poidan impartir os cursos".
Iolanda Veloso explicou que aínda que é a Concellería de Igualdade a que promove os cursos, xestionando o programa, o material e os monitores e as monitoras, estes se imparten nas instalacións das entidades colaboradoras. Así, as persoas interesadas en realizar algún curso deberán poñerse en contacto coas asociacións para informarse sobre os módulos elixidos por cada entidade. As incricións formalizaranse nos locais das asociacións e terán prioridade as mulleres que pertenzan ao barrio.
Descargar todas as imaxes