O tenente de alcalde asegura que a Festa do Marisco de Vigo é xa un referente das festas gastronómicas de Galicia
Ata 40 productos distintos poderanse degustar na séptima edición da Festa do Marisco de Vigo, Vigomar 2009, que se celebrará os días 10, 11, 12 e 13 deste mes. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou hoxe na presentación que estas xornadas marisqueiras son xa un referente turístico importante da nosa cidade e tamén dentro das festas gastronómicas de Galicia. "Tiñamos o produto, tiñamos a calidade e tiñamos o contorno, só nos faltaba unha festa como esta que servira de referente para que nos visiten persoas de todos os puntos do Estado", sinalou.
O tenente de alcalde, que participou no acto xunto á presidenta da Autoridade Portuaria e os organizadores do evento, fixo fincapé na importancia que ten que desde a iniciativa da sociedade se poñan en marcha iniciativas deste tipo que permiten proxectar a nosa cidade. Santi Domínguez dixo que as administración teñen que estar ao seu carón para apoialas e contribuir a que teñan continuidade, pero entende que "o protagonismo debe ser da sociedade civil".
Vigomar 2009 inaugurarase o xoves ás 13:00 horas coa lectura do pregón a cargo do xornalista do programa Larpeiros de Televisión de Galicia, Tomás Alonso. Este ano na Festa do Marisco poderanse degustar racións desde 3,50 euros ata parrilladas de marisco de 45 euros, segundo explicou Argentino Pires, organizador das xornadas. Durante os catro días desenvolveranse diferentes actividades culturais e deportivas con actuacións musicais e actividades para os máis cativos.
Este ano as xornadas inclúen tamén unha exposición de embarcacións tradicionais coa colaboración da Asociación Remadoria. O tenente de alcalde aproveitou a presenza da presidenta da Autoridade Portuaria para que, xunto ao Concello, colabore para conseguir que esta asociación teña un espazo axeitado para estas embarcacións. Santi Domínguez salientou a boa colaboración que existe entre ambas administracións, como no caso da Festa do Marisco, e agarda que tamén se poda continuar para resolver o problema desta asociación "que tan gran traballo fai pola recuperación do noso patrimonio".
Descargar todas as imaxes