Vigo adhirese á celebración do "Día do Cooperante"
O pleno da Corporación,celebrado hoxe luns, aprobou unha declaración institucional relativa á celebración do "Día do Cooperante" declarado no ano 2000 polo Consello de Ministros o día 8 de setembro. No acordo o Pleno asume o que significa a cooperación internacional e a loita contra a pobreza e desigualdade no mundo.
A declaración institucional di que "a loita contra a pobreza e a desigualdade no mundo é un dos maiores retos que ten a nosa sociedade nestos momentos. Acabar coa pobreza é non só un compromiso ético de primeira orde, senón á vez unha das condicións básicas para lograr un mundo máis xunto e pacífico.
Que a loita contra a pobreza ten hoxe un programa común asumido por toda a comunidade internacional que se concreta no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio 2015.
Que o compromiso de milleiros de persoas coa cooperación ó desenvolvemtno é un exemplo para toda a sociedade e para todas as institucións e como tal debe ser recoñecido e valorado.
Que o recoñecemento do traballo dos cooperantes é un deber para toda a sociedade á que temos que contribuir dende ás institucións democráticas.
Por último a declaración convoca a toda a cidadanía a participar nas actividades previstas por parte do Concello".
Por outra banda, a Corporación aprobou os asuntos do 1 ó 13 da orde do día . No relativo ás mocións aprobaronse a do grupo do PSdG-PSOE na que se solicita instar á Deputación Provincial a humanización da estrada Provincial; do PP solicitando se convoque de xeito urxente a comisión de ruídos; do PP solicitando a inspeccción e reparación de pistas deportivas e outra do PP solicitando a eliminación das pintadas da sinalización e cableado temporal das festas no Casco Vello.