Escoitar

Santi Domínguez di que actuacións de 8,5 millóns de euros están transformando nun novo barrio a zona de San Sebastián

O tenente de alcalde e presidente do Consorcio do Casco Vello, Santi Domínguez, sinalou hoxe que a zona alta do Casco Vello estase a transformar nun novo barrio de San Sebastián e puxo o primeiro edificio xa totalmente rehabilitado polo Consorcio como exemplo dos cumpromisos cumpridos. Tras realizar un percorrido pola zona, salientou que nos vindeiros meses serán xa 52 as vivendas rehabilitadas en 10 edificios da parte alta do barrio, de xeito que as actuacións que se están levando a cabo "configurarán un novo barrio dentro do Casco Vello".

venres, 4 set 2009
1252069493vistazonalatacascovello.jpg
"Dende a Tenencia de Alcaldía e as concellerías de Cascos Históricos e Patrimonio Históricos non nos gusta vender fume, senón realidades", salientou Santi Domínguez. Xa no interior do edificio rehabilitado, ubicada no número 11 da rúa Abeleira, ao que tamén se desplazaron os concelleiros de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, Benestar Social, María Méndez, e Deportes, Xabier Alonso, o nacionalista lembrou que nos primeiros días de tomar posesión do goberno, en xuño de 2007, sinalou que nunha lexislatura non sería posible cambiar o 100% do Casco Vello pero que si comprometía a súa palabra de que a veciñanza podería "visualizar un Casco Velllo en macha". "Queda case a metade da lexislatura e esa palabra está cumprida", asegurou.

O tenente de alcalde afirmou que coas actuacións que se están levando a cabo en toda a parte alta do Casco Vello, non só de rehabilitación de vivendas, senón tamén de reforma de rúas, nos espazos dotaciónais e nos espazos verdes, "estase configurando un novo barrio, un novo San Sebastián, para dar cumprimento ao nome do noso castelo". Neste sentido, Santi Domínguez salientou que o investimento supera os 8,5 millóns de euros, no que tamén se contempla a pinacoteca "que será a xoia deste barrio".

Tratase dun proxecto de rehabiltación integral no que practicamente se está a reconstruir o barrio onde existían edificios abandoados e en ruínas desde hai máis de 50 anos. Entre as actuacións desenvolvidas polo Concello e o Consorcio do Casco Vello hai dúas mazás totalmente en obras. Segundo sinalou o tenente de alcalde, con esta actuación e a que se está acometendo na Porta do Sol, "podemos dicir que a promesa de que nunha lexislatura a visualización do cambio no Casco Vello está cumprida".

Ademais, o tenente de alcalde tamén fixo referenza ás axudas que se conceden para a rehabilitación de vivendas particulares e neste sentido sinalou que se destinan 600.000 euros. Desta forma a iniciativa privada pode contribuir ao traballo de recuperación do barrio que están a desenvolver as administracións públicas.
Descargar todas as imaxes