O tenente de alcalde aposta pola condución eficiente como feito de favorecer o aforro enerxético
O tenente de alcalde e presidente da Fundación da Axencia Intermunicipal de Vigo (Faemevi), Santi Domínguez, asinou hoxe un convenio xunto ao conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o presidente do centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën, Pier Ianni, para desenvolver cursos de formación en condución eficiente de vehículos destinados a traballadores da planta e aos seus familiares.
O tenente de alcalde salientou a importancia desta iniciativa para sensibilizar á cidadanía "co obxectivo de acadar un maior aforro enerxético e fomentar o coidado do planeta".
Santi Domínguez fixo fincapé no feito de que esta programa se desenvolva nunha factoría como a de PSA Peugeot Citroën, que considera o marco ideal para "amosar que é posible afondar no camiño da eficiencia e a seguridade na condución".
O convenio asinado hoxe ten por obxectivo desenvolver unha acción formativa para fomentar un novo estilo de condución dos vehículos turismos, para mellorar a seguridade e reducir o consumo de combustible até o 15% sobre a condución convencional. Os cursos impartiranse do 16 de setembro ao 22 de decembro e neles poderán participar un total de 1.000 traballadores e traballadoras da planta viguesa de PSA Peugeot Citroën e os seus familiares directos.
As accións formativas levaranse a cabo nun percorrido urbano, aproximadamente de 5 a 7 quilómetros, e contará coa maior parte dos elementos representativos da circulación na cidade (coo cruzamentos, semáforos, prazas, rotondas, vías de dobre sentido, pendentes en subida e en baixada, etc.) e nas que se amosará a aplicación dunha ou outra técnica achegan diferenzas en consumo. Os cursos serán impartidos por persoal da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, que explicarán as técnicas ao volante para aproveitar a eficiencia enerxética dos vehículos actuais.
Segundo recolle o convenio, os cursos estruturaranse nunha sesión inicial teórica, na que se explicarán cuestións de seguridade vial e a correcta utilización dos dispositivos de seguridade dos automóbiles, así como na responsabilidade dos condutores e conductoras na redución de accidentes de circulación. Posteriormente haberá unha rolda inicial polo circuíto na que cada alumno ou alumna conducirá como o fai habitualmente e se comprobará o consumo medio. A continuación terá lugar outra sesión teórica, na que se explicarán as técnicas de condución eficiente, tras a cal os participantes no curso tratarán de aplicalas nos vehículos e contrastarán o consumo coa proba inicial.
O número de alumnos por vehículo será de catro como máximo, e as roldas de condución realizaranse por cada un dos catro alumnos do grupo, cunha duración aproximada de 15 minutos por persoa. O curso completarase coa entrega de material de apoio por parte de Faimevi, no que se inclúe un manual de condución eficiente e un folleto informativo no que se explican os principais criterios e vantaxes da condución eficiente, así como un diploma acreditativo da participación no mesmo.
Descargar todas as imaxes