martes, 1 set 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e o responsable territorial do Secretariado Xitano, Santiago Avión, asinaron hoxe un convenio de colaboración que ten por obxectivos a intervención familiar para a integración da poboación de etnia xitana e cigana e a erradicación do chabolismo. O programa chegará a 54 familias. Segundo explicou o tenente de alcalde, a sinatura deste convenio supón "o impulso ao obxectivo do goberno e do BNG de traballar coas distintas sensibilidades sociais para acadar a igualdade de oportunidades na nosa sociedade".
martes, 1 set 2009
O alcalde de Vigo ofreceu hoxe martes unha recepción institucional a Ryszard Schnepf, embaixador en España de Polonia, como parte da ronda de visitas que está a realizar en Vigo e en Galicia. O embaixador, que mantivo tamén un encontro con empresarios vigueses, mostrou ao alcalde o seu interese en entablar relacións comerciais entre ambos territorios.