Escoitar

O alcalde afirma que a humanización da rúa Toledo mantén os aparcamentos e estará finalizada en outubro

Abel Caballero visitou este luns os traballos de mellora que estanse a realizar na rúa Toledo, finalizados nun 70%, que estará finalizada "a mediados ou finais de outubro". O investimento ascende a 650.000 euros nunha obra que emprega a 19 persoas, cinco delas procedentes das listas viguesas do desemprego, segundo indicou o alcalde. <br />

luns, 31 ago 2009
1251793362obra.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns na súa visitas ás obras de humanización da rúa Toledo que a reforma rematará "a mediados ou finais de outubro", vial que manterá as prazas de aparcamento que tiña anteriormente.

O estado de execución da obra acada na actualidade o 70%; unha humanización que emprega a 19 persoas das que cinco delas proceden do desemprego vigués. A reforma da rúa, na súa primeira fase, ascende aos 650.000 euros de investimento, e contará con máis de medio centenar de árbores, xardineiras, renovación do saneamento e do abastecemento, e granito nas beirarrúas.
Descargar todas as imaxes