Escoitar

O alcalde califica a de Urzáiz como "unha das grandes humanizacións de vigo", con "moito verde" e "alta calidade"

Abel Caballero visitou este venres os traballos de mellora de Urzáiz; case 3,5 millóns de euros para "unha das grandes humanizacións" da cidade que vai con adianto e estará rematada a mediados de outubro, segundo explicou o alcalde. A rúa terá dobre dirección para o tráfico, "moitos árbores e moito verde" con xardineiras en todo o tramo.

venres, 28 ago 2009
1251463212urzaiz.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres "unha das grandes humanizacións de Vigo", á de Urzáiz, que contará con "moito verde" e materiais de "alta calidade".

Os traballos de humanización, segundo explicou o rexedor vigués, levan adianto sobre os prazos previstos e a mediados de outubro estará rematada a mellora. O orzamento total daa actuación no quilómetro de lonxitude da rúa ascende a case 3,5 millóns de euros.

Abel Caballero indicou que Urzáiz sumará un total de 174 árbores e xardineiras en todo o tramo, para facer unha rúa con "moitos árbores e moito verde", ademais da "alta calidade" dos materias do entorno, como o granito nas beirarrúas.

O alcalde recordou asemade que, ante a demanda veciñal, o Concello decidiu manter as farolas fernandinas na zona, pois "encaixan mellor no entorno", segundo valorou o propio Abel Caballero. A este respecto, o rexedor explicou que as luminarias proxectadas para Urzáiz son as mesmas instaladas no entorno da Sagrada Familia barcelonesa, mostra de que "a Urzáiz dámoslle moita importancia", sinalou. Este modelo será instalado noutra zona da cidade.
Descargar todas as imaxes