Escoitar

Orde do día da Xunta de Goberno Local

venres, 28 ago 2009
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 31 DE AGOSTO DE 2009.



ASESORÍA XURÍDICA
1.- Dar conta da Sentenza do X.Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 267/2004, interposto por D. ALBERTO M. PALMEIRO SOLLA sobre reclamación patrimonial (expte. 214/243), e apelación ante o TSXG.

ALCALDÍA
2.- Subvención a Escola Oficial de Idiomas en concepto de axuda para os gastos ocasionados da concesión de 16 bolsas de estudos con estancia no extranxeiro. Expte. 5771/101.

CONTRATACIÓN
3.- Alleamento de 25 vehículos do depósito municipal para chatarra. Expte. 2882/241.

4.- Adxudicación definitiva do contrato de subministración de rodas para o Parque Móbil. Expte. 6416/445.

5.- Devolución de garantía:
a) Oreco S.A. Expte. 2833/241, 2850/241.
b) Constructora Ediserpo S.L. Expte. 2830/241.

DEPORTES
6.- Proposta de autorización ao Club Ciclista Vigués para organizar o 5.09.09 a XLIV Volta Ciclista Vigo-Baixo Miño Val Miñor-GP Deputación de Pontevedra. Expte. 8763/333.

7.- Devolución de aval ao Club Vieja Escuela Roller constituído con motivo do Campionato Vigués IN LINE (Cavil 2009). Expte. 8751/333.


EMPREGO
8.- Solicitude de axuda para o proxecto "Servizos de apoio a xestión de espazos municipais" no marco da subvención de Programas de Cooperación para o ano 2009. Expte. 6123/77.

9.- Bases reguladoras e convocatoria do ano 2009 do "Programa de axudas municipais á contratación" no marco do Plan municipal de Emprego. Expte. 6103/77.

10.- Aceptación de subvención concedida pola Consellería de Traballo e Benestar para os Programas de Cooperación coa Xunta de Galicia-ano 2009 (2ª fase). Expte. 6120/77.


MUSEO DE CASTRELOS
11.- Fixación do prezo de venda ao público do catálogo da exposición "Celso varela. Dende a miña fiestra". Expte. 3664/337.

PATRIMONIO
12.- Proposta de incoación de desafiuzamento administrativo á entidade Asociación Hostelera de Vigo S.L. pola ocupación do edificio "Mirador do Castro". Expte. 18561/240.

13.- Proposta de aceptación da renuncia da A.VV. Calvario ao dereito de uso do local "C3" para que se poida habilitar como biblioteca municipal. Expte. 18636/240.

14.- Recurso de reposición interposto por D. Juan Ramón Pérez Pérez contra o acordo da X.Goberno local do 26.08.08 sobre desafectación do camiño Longra R-7. Desestimado. Expte. 18023/240.

15.- Aboamento de cotas de comunidade a favor da Comunidade de propietarios República Argentina nº 12-14. Expte.18704/240.

RECURSOS HUMANOS
16.- Solicitude de reingreso ao servizo activo procedente de excedencia voluntaria de D. Higinio Durán Cabobianco. Expte. 19221/220.

17.- Aboamento de gratificación por servizos especias e extraordinarios, nocturnidade e festividade a D. Emilio Dias de la Iglesia (Servizo Extinción de Incendios). Expte. 19180/220.

URBANISMO
18.- Proposta de cesión de terreo na intersección das rúas Ernesto Lecuona e baixada ao Capitán. Expte. 4866/401.

19.- Rogos e preguntas.