venres, 4 set 2009
O tenente de alcalde e presidente do Consorcio do Casco Vello, Santi Domínguez, sinalou hoxe que a zona alta do Casco Vello estase a transformar nun novo barrio de San Sebastián e puxo o primeiro edificio xa totalmente rehabilitado polo Consorcio como exemplo dos cumpromisos cumpridos. Tras realizar un percorrido pola zona, salientou que nos vindeiros meses serán xa 52 as vivendas rehabilitadas en 10 edificios da parte alta do barrio, de xeito que as actuacións que se están levando a cabo "configurarán un novo barrio dentro do Casco Vello".
venres, 4 set 2009
Abel Caballero reuníu este venres aos secretarios xerais dos tres sindicatos maioritarios para coñecer a súa postura sobre o novo hospital de Vigo. O alcalde confia en que a Xunta de Galicia cumpla o seu compromiso de licitación conxunta de proxecto e obra en 2009, e, de decidir cambios na estrutura sanitaria, o rexedor apunta a que deben contar co "amplo grao de consenso" do que goza o proxecto físico do novo hospital vigués.
venres, 4 set 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este venres que as axudas para comedor e libros para o curso que comeza nos vindeiros días se incrementaron en 114.000 euros respecto ao exercicio pasado, ao pasar de 400.000 a 514.000 euros. Na presentación conxunta do programa coa concelleira de Benestar Social, María Méndez, o tenente de alcalde subliñou que estas axudas "que saen dos cartos da cidadanía van encamiñadas á loita pola igualdade de oportunidades" e a paliar a crise económica.
Patrimonio Histórico - CAT
venres, 4 set 2009
O CAT, Centro de Artesanía Tradicional de Vigo convoca os seus obradoiros gratuítos de cestería tradicional de Galicia para o segundo semestre coa seguinte programación:
Normalización lingüística
venres, 4 set 2009
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos, gratuítos, preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga 1, 2, 3 e 4.<br />
O prazo para a presentación da solicitude remata o 10 de setembro de2009.