Escoitar

Abel Caballero anuncia que o persoal de limpeza viaria e de zonas verdes amplíase nun 20%

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres ampliar os contratos de limpeza viaria e de zonas verdes da cidade para dar demanda a novos espazos da cidade que non estaban incluidos ata o de agora. Así, tanto os planteis de FCC como de Cespa experimentarán un incremento de persoal que ascende ao 20%.

venres, 4 set 2009
1252068647JGL.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da ampliación aprobada hoxe venres polo goberno local dos contratos de FCC e de Cespa para incrementar nun 20% o persoal tanto de limpeza viaria como de zonas verdes.

Segundo explicou o rexedor vigués, o contrato da limpeza viaria non era revisado desde o 2002, co que quedaban moitas zonas fóra do acordo anterior; esta era unha "estrutura obsoleta e non o suficientemente eficiente en relación ás necesidades de limpeza".

Así, coa revisión, serán 105 espazos os que inclúense no contrato e pasa por tanto a ser regulada a súa limpeza. Para efectuar esta ampliación, o persoal de limpeza viaria increméntase nun 25%, 41 novos empregados que súmanse aos 164 existentes. O importe da revisión suma case 2,4 millóns de euros por ano.

Algunhas das zonas incluidas nesta revisión contractual son a Avda do Aeroporto, a Praza do Berbés, o Paseo de Bouzas, a Praza da Estrela, a circunvalación desde Zona Franca ata Bouzas, o entorno do mercado de Cabral, a urbanización das Roteas, os patios xunto ao Centro de Saúde de Teis, a Avda Concepción Arenal, a Praza dos Galegos Ilustres, a rúa Carral, a entrada ao colexio Frián, a praza de Compostela, a Avda Citroën e o PAU de Navia, entre outras.

No tocante á limpeza das zonas verdes, o alcalde indicou que amplíase nun 12% o persoal de Cespa para facer fronte a "trece novas superficies verdes", pasando dos 103 anteriores aos 115 empregados. O alcalde citou exemplos de espazos que están agora incluidos, como por exemplo os xardíns do PAU de Navia, a rotonda de Santa Cristina, a parte posterior do Mercado de Teis, a zona verde fronte á estación de autobuses, o parque Elisardo da Costa, a ampliación de la Alameda dos Vellos (Beade), os xardíns de Venezuela-Blein Budiño, 555 xardineras e 1.400 árboles. O investimento municipal para o incremento da limpeza en espazos verdes ascende a 264.000 euros.
Descargar todas as imaxes