Aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Artes e Oficios para o curso 2009-2010
Un ano máis a Escola Municipal de Artes e Oficios realiza a súa oferta formativa á cidade. Ata o día 15 de setembro permanecerá aberto o prazo de preinscrición para o curso de iniciación nas especialidades de Cerámica, Encadernación, Construcción tradicional de Gaita e Zanfona, Luthería antiga, Debuxo, Pintura, Escultura e Talla en Madeira, Ourivería, Moda e Confección, Encaixe de Palillos, Ourivería e Repuxado en Coiro.
Por primeira vez as persoas interesadas poderán consultar toda a información necesaria sobre as actividades e programas da EMAO na web da Escola e poderán inscribirse sen necesidade de achegarse fisicamente ás súas oficinas, pois poderán facer a súa pre-inscrición on-line.
O curso 2009-2010 comezará o 1 de outubro con importantes novidades na súa programación. Despois da aprobación por parte da Xunta Rectora do Organismo Autónomo do novo Plan de Normalización Curricular no ano 2008, no curso que comezará o 1 de outubro, iniciarase o novo plan de estudos pre-profesional nas especialidades de Cerámica, Encadernación artística e Serigrafía e implementarase definitivamente o programa tamén de carácter profesional dos obradoiros de Construcción de Instrumentos tradicionais e Luthería antiga, que representan un dos aspectos máis singulares e únicos da ampla oferta formativa da Escola.
Por primeira vez tamén o alumnado de calquera especialidade, contará con materias complementarias do traballo en taller, pois cursarán asignaturas complementarias de debuxo, volume e historia da arte.
Máis información
EMAO. Concello de Vigo
García Barbón, 1 36201-Vigo.
Teléf. 986228088
emao@vigo.org
http://hoxe.vigo.org/movemonos/emao10
Descargar todas as imaxes