Escoitar

O alcalde salienta que as humanizacións de Florida e Castrelos mostran a "boa cooperación institucional" coa Xunta

Abel Caballero visitou co conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, os traballos de humanización que estanse a executar nas avenidas de Florida e Castrelos. Iniciadas polo anterior goberno autonómico e continuadas polo actual, estas melloras demostran para o alcalde que "os cambios de cor política non deben afectar aos bos proxectos" da cidade.

mércores, 2 set 2009
1251975052vistaobratraviesas.jpg.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o conselleiro de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, visitaron este mércores os traballos de humanización das avenidas de Florida e Castrelos, unha "mostra da boa cooperación institucional" entre o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia.

Segundo indicou o alcalde en declaracións aos medios de comunicación, o Concello de Vigo plantexou a mellora nas Avenidas e o goberno autonómico anterior aceptou e o novo executivo da Xunta de Galicia continúa coa cooperación. "Os cambios de cor política non deben afectar aos bos proxectos" da cidade, concluiu Abel Caballero.

As humanizacións de Florida e Castrelos estan a ser financiadas pola Xunta de Galicia, e suman un total de 8 millóns de euros de investimento nunha "zona significativa" da cidade "tanto para os peóns como para o tráfico de entrada e saída de vehículos", subliñou o rexedor.

Outros proxectos
O alcalde e o conselleiro referíronse tamén a outros proxectos que involven ao departamento autonómico e á cidade olívica. Abel Caballero mostrou a súa satisfacción pola postura da Xunta de Galicia sobre a construcción do túnel de Beiramar que dará continuidade ao actual ata a rotonda da rúa Coruña.

A este respecto, o alcalde manifestou entender posibles cambios no anteproxecto presentado e avanzou que o Concello está disposto a acadar acordos para levar adiante unha obra "que non podemos deixar parada nin un momento".

Outra iniciativa importante en marcha da Consellería de Infraestruturas e Medioambiente que dirixe Agustín Hernández é a nova depuradora, da que tamén participan o Goberno de España e o propio Concello vigués.

Abel Caballero estimou que o proxecto "require moito impulso" para levalo adiante e constatou que "hai boa vontade polas tres partes" para acadalo. "Debemos por a mellor vontade para iniciar canto antes" a depuradora, sinalou o alcalde, tanto para sanear a Ría de Vigo como para mellorar a calidade de vida da veciñanza de Coruxo.
Descargar todas as imaxes