O alcalde avanza que "en seis meses" finalizará a humanización e a zona verde da parcela de Pizarro
Abel Caballero visitou este martes os traballos de urbanización da parcela de Pizarro, onde estanse a construir dous edificios e unha zona comercial. As vivendas terán licenza de ocupación, explicou o alcalde, cando remate a humanización "de alta calidade" do entorno e a construcción dunha zona verde de uso cidadá, que estarán listas en febreiro de 2010.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Urbanismo, Jose Mariño, acudiron hoxe martes á urbanización da parcela de Pizarro, visita na que o rexedor avanzou que "en seis meses" finalizará a humanización "de alta calidade" do entorno e a construcción dun "parque cunha zona verde de utilización cidadá" na parte alta da parcela.
O alcalde cualificou esta urbanización de "obra emblemática da cidade que leva uns 20 anos de retraso", polo que estase a acelerar a tramitación, segundo explicou. O ámbito de actuación comprende desde a primeira rotonda de Pizarro ata Vázquez Varela, na que construiranse beirarrúas de granito de 4,5 metros, e haberá dous carrís de circulación e un para transporte público, ademais dunha nova liña de aparcamento.
Abel Caballero sinalou que, sobre o proxecto anterior, o goberno local modificou os materiais das beirarrúas -que pasarán a ser en granito-, así como unha maior anchura das mesmas. Ademais, as melloras incluidas permitirán un maior número de aparcamentos.
Os dous edificios están máis avanzados na súa construcción que a superficie comercial, pero o alcalde xa adiantou que a licencia de primeira ocupación -e por tanto o permiso municipal para que os veciños accedan ás vivendas- outorgarase cando a humanización do entorno e a zona verde da parte alta da parcela estean rematadas, en febreiro do vindeiro ano.
O rexedor indicou ademais que o goberno que preside está a estudar a posibilidade de levar a humanización da rúa Pizarro ata Urzáiz, para entroncalo coas melloras en marcha das devanditas rúas e da Travesía de Vigo, que iniciarase na súa primeira fase nos próximos meses. O obxectivo municipal é convertir a Pizarro nunha "gran avenida da cidade".
Cidade da Xustiza
No transcurso da súa visita, o alcalde referiuse asemade á Cidade da Xustiza, "proxecto fundamental e perentorio para a cidade" para o que o Concello ofrece toda a súa "colaboración" á Xunta de Galicia para erixila canto antes.
Abel Caballero solicitou ao conselleiro de Presidencia unha reunión na que lle defina o modelo de Cidade de Xustiza que pensa executar o goberno autonómico, co fin de coñecer as necesidades de solo que precisa a Xunta e comezar entón as expropiacións. "A cidade vai aportar o solo para a Cidade da Xustiza pero gustaríanos saber cal é o proxecto", concluiu o rexedor, xa que a superficie necesaria variará dependendo do modelo a executar.
O alcalde asegurou que "aceptaremos inmediatamente" tanto o modelo de Cidade da Xustiza que propoña a Xunta como a superficie que precisa, co obxecto de que o Concello obteña o solo do modo "máis rápido posible" para poñelo a disposición do goberno autonómico.
Descargar todas as imaxes