xoves, 3 set 2009
O tenente de alcalde e presidente da Fundación da Axencia Intermunicipal de Vigo (Faemevi), Santi Domínguez, asinou hoxe un convenio xunto ao conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o presidente do centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën, Pier Ianni, para desenvolver cursos de formación en condución eficiente de vehículos destinados a traballadores da planta e aos seus familiares.
xoves, 3 set 2009
Abel Caballero recibiu este xoves aos rexedores dos municipios colindantes de Nigrán e Redondela para definir o trazado da ruta xacobea pola costa. Entraría en Vigo pola estrada vella de Nigrán para baixar ata Bouzas, núcleo histórico do Camiño, para chegar a Teis e unilo con Redondela. O alcalde asegurou que encargará a expertos unha confirmación histórica desta ruta.
xoves, 3 set 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, explicou este xoves que a musealización do xacemento arqueolóxico de O Castro prestará especial atención á accesibilidade e contará cunha maqueta tiflolóxica realizada en bronce. Durante a visita que realizou ao xacemento xunto aos concelleiros de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, Benestar Social, María Méndez, e Deportes, Xabier Alonso, subliñou que este proxecto mostra unha especial sensibilidade coas personas con deficiencias visuais, xa que tamén contará cun texto en braille que facilitarán a súa interpretación.
Por primeira vez poderá facerse dende internet
xoves, 3 set 2009
Un ano máis a Escola Municipal de Artes e Oficios realiza a súa oferta formativa á cidade. Ata o día 15 de setembro permanecerá aberto o prazo de preinscrición para o curso de iniciación nas especialidades de Cerámica, Encadernación, Construcción tradicional de Gaita e Zanfona, Luthería antiga, Debuxo, Pintura, Escultura e Talla en Madeira, Ourivería, Moda e Confección, Encaixe de Palillos, Ourivería e Repuxado en Coiro.
Oferta un itinerario formativo para afeccionados, de dous anos de duración e outro para profesionais, de catro
xoves, 3 set 2009
Máis de 200 persoas solicitaron xa a súa preinscrición a través das páxinas da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (www.e-trad.org) o que a sitúa como o centro máis prestixioso no seu xénero da Península. O prazo de presentación de solicitudes remata o dia 11 de setembro e pode facerse tanto coa modalidade on-line como presencialmente nas oficinas da e-Trad, situadas na rúa García Barbón, 5.
xoves, 3 set 2009
A xunta de voceiros do Concello de Vigo acordou hoxe levar ao pleno do vindeiro luns unha declaración institucional a prol da cooperación internacional para a súa aprobación. Con motivo do Día Internacional do Cooperante, que se celebrará o martes 8 de setembro, o documento asinado polos portavoces dos tres grupos políticos con representación municipal recoñecen que a loita contra a pobreza e a desigualdade é un dos retos da nosa sociedade e convidan á cidadanía a participar nos actos que terán lugar na cidade.
xoves, 3 set 2009
A Casa das Artes acolle unha exposición pictórica de Celso Varela co título "Dende a miña fiestra" que se poderá visitar do 3 de setembro ó 12 de outubro.A mostra está organizada pola concellería da Área de Cultura e Animación Sociocultural. <br />
<br />