O alcalde encarga a expertos a consolidación histórica do percorrido vigués do Camiño de Santiago pola costa<br />
Abel Caballero recibiu este xoves aos rexedores dos municipios colindantes de Nigrán e Redondela para definir o trazado da ruta xacobea pola costa. Entraría en Vigo pola estrada vella de Nigrán para baixar ata Bouzas, núcleo histórico do Camiño, para chegar a Teis e unilo con Redondela. O alcalde asegurou que encargará a expertos unha confirmación histórica desta ruta.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, encargou a expertos a ratificación histórica do trazado vigués da ruta pola costa do Camiño de Santiago. Así o asegurou o rexedor vigués tras reunirse este xoves cos seus homólogos de Nigrán, Efrén Juanes, e de Redondela, o rexedor en funcións Eduardo Reguera.
Os alcaldes encontráronse hoxe xoves para coordinar a forma e o trazado de entrada e saída de Vigo do Camiño pola costa e o seu transcurrir pola cidade olívica. De Nigrán chegarían os peregrinos pola estrada vella e, unha vez en Vigo, baixarían ata Bouzas por ser un "núcleo central" documentado do Camiño de Santiago. De alí continuaría ata Teis para seguir ata Redondela.
Abel Caballero indicou tras a reunión que os expertos deberán ratificar a validez histórica da parte viguesa do percorrido xacobeo pola costa.
Aeroporto
Segundo explicou Abel Caballero, os tres alcaldes abordaron asemade a situación do aeroporto de Vigo. O primeiro edil vigués afirmou que as obras do novo aparcamento van "a bo ritmo" e que a gran rotonda que ordena o acceso ao aeródromo estará rematada antes do inicio da World Fishing Exhibition do 16 de setembro.
No tocante ao futuro de Peinador, o seguinte paso será a presentación e os prazos de execución da nova terminal, da que o arquitecto César Portela está a terminar o proxecto. Abel Caballero subliñou que en Vigo "debemos poñernos mans á obra para potenciar o aeroporto", posto que "estamos absolutamente seguros do brillante futuro" da terminal viguesa.
O rexedor vigués sinalou asemade que ten unha entrevista pendiente co Presidente de AENA para estudar o estado das obras en Peinador.
Descargar todas as imaxes