As obras de Rafael Alonso dan continuidade ás exposicións de arte na alcaldía <br />
O alcalde de Vigo presidiu este mércores a inauguración dunha nova exposición de Mostrarte 2009, desta volta a cargo do pintor Rafael Alonso, que expón nos espazos da Alcaldía parte da súa obra. O consumado artista foi recoñecido internacionalmente polas súas acuarelas, unha técnica pictórica na que rompeu moldes, ainda que tamén traballou en óleos, ilustración ou o debuxo. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este mércores a inauguración dunha nova exposición de arte nos espazos da Alcaldía na que participaron varios concelleiros da Corporación Municipal; Mostrarte 2009 recibe desde hoxe os traballos de Rafael Alonso, prestixioso artista recoñecido internacionalmente.
Alonso, ao longo da súa dilatada traxectoria profesional, cultivou a acuarela, reivindicándoa como técnica de merecida relevancia dentro da pintura. De feito, o seu recoñecemento internacional procede en gran medida dos seus traballos neste eido.
Pero ademais, Alonso abarcou outros moitos campos dentro da súa inquedanza artísitca, como o óloe, a ilustración, o deseño de interiores e de mobles ou o debuxo. O artista sérvese tanto dos temas como das técnicas pictóricas empregadas para analizar as formas e dar así renda solta ao seu sentido artístico.
Descargar todas as imaxes