Abel Caballero recibiu este martes ao embaixador de Polonia en España
O alcalde de Vigo ofreceu hoxe martes unha recepción institucional a Ryszard Schnepf, embaixador en España de Polonia, como parte da ronda de visitas que está a realizar en Vigo e en Galicia. O embaixador, que mantivo tamén un encontro con empresarios vigueses, mostrou ao alcalde o seu interese en entablar relacións comerciais entre ambos territorios.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este martes no Concello ao embaixador de Polonia en España, Ryszard Schnepf, interesado en coñecer as posibilidades de entablar relacións de carácter comercial entre ambos territorios.
Antes da súa reunión co alcalde, o embaixador mantivo un encontro de traballo con corenta empresarios da provincia representantes dos sectores industriais principais de Vigo, como a pesca ou o naval.
Ryszard Schnepf culmina a súa visita a terras viguesas e galegas cun almorzo con empresarios no Club Financeiro de Vigo e cunha audiencia co presidente da Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes