Escoitar

O alcalde asegura que o Plan Municipal de Emprego dará traballo a un total de 140 persoas este ano

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns recibir a segunda anualidade de medio millón de euros procedente da Xunta de Galicia para o Plan Municipal de Emprego, e validou as bases para subvencionar con 30.000 euros a empregados propostos por empresas. En total, segundo indicou Abel Caballero, serán 140 persoas as que traballen este ano grazas ao Plan Municipal de Emprego.

luns, 31 ago 2009
1251722767P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou este luns en 140 as persoas que traballarán este ano grazas ao Plan Municipal de Emprego do Concello de Vigo.

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases reguladoras para as convocatorias de axudas de ata 30.000 euros para que as empresas propoñan empregos que o Concello subvencionará. Ademais, o Concello percibirá a segunda anualidade de medio millón de euros para o Plan Municipal de Emprego, co que en total suma un millón de euros de fondos autonómicos conseguidos para o devandito Plan municipal.

Abel Caballero estimou que en total serán 140 as persoas empregadas por mediación do Plan Municipal de Emprego, aos que súmanse preto de 1.500 empregos directos procedentes do "Plan Zapatero", cantidade que ascende a 5.000 computando os indirectos.

Bolsas
O alcalde afirmou asemade que a Xunta de Goberno Local aprobou a subvención de 30.000 euros para que "os mellores expedientes da Escola Oficial de Idiomas" poidan estudar no estranxeiro.

Segundo expresou Abel Caballero, serán 16 estudantes de inglés que viaxarán a Londres e 4 de francés destinados a París, unha iniciativa que será "máis ambiciosa" de cara ao próximo curso, no que intentarase acadar as 50 bolsas.
Descargar todas as imaxes