Escoitar

A xunta de voceiros acorda levar ao vindeiro pleno unha declaración institucional a prol da cooperación internacional

A xunta de voceiros do Concello de Vigo acordou hoxe levar ao pleno do vindeiro luns unha declaración institucional a prol da cooperación internacional para a súa aprobación. Con motivo do Día Internacional do Cooperante, que se celebrará o martes 8 de setembro, o documento asinado polos portavoces dos tres grupos políticos con representación municipal recoñecen que a loita contra a pobreza e a desigualdade é un dos retos da nosa sociedade e convidan á cidadanía a participar nos actos que terán lugar na cidade.

xoves, 3 set 2009
A declaración institucional aprobada hoxe salienta que a loita contra a pobreza "non só é un compromiso ético de primeira orden senón á vez unha das condicións básicas para lograr un mundo máis xusto e pacífico". Asemade, recoñece que este reto está asumido pola comunidade internacional a través dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio 2015.

Finalmente, o documento pon en valor o traballo dos cooperantes, cualificándoo como "exemplo para toda a sociedade". Neste sentido, o vindeiro martes 8 de setembro a Concellería de prevé a celebración dunha videoconferencia con cooperantes que están a desenvolver distintos proxectos en América do Sur e África.