Escoitar
Patrimonio Histórico - CAT

Obradoiros de Cestería tradicional de Galicia 2º semestre

O CAT, Centro de Artesanía Tradicional de Vigo convoca os seus obradoiros gratuítos de cestería tradicional de Galicia para o segundo semestre coa seguinte programación:

venres, 4 set 2009
A CESTERÍA EN PALLA. 60 h
14 de setembro-1 de outubro
Luns a venres de 09:30 a 13:30 h
Nº de prazas: 7

CESTERÍA DE USO DOMÉSTICO II: Roupeiro e plancho. 74 h
5 de outubro-13 de novembro
Luns, mércores e venres de 09:30 a 13:30 h
Luns, martes e xoves de 16:30 a 20:30 h
Nº de prazas: 7 en cada quenda

A CESTERÍA DE VIMBIO. Iniciación. 60 h
6 de outubro-26 de novembro
Martes e xoves de 09:30 a 13:30 h
Nº de prazas: 7 en cada quenda

A CESTERÍA DE MADEIRA FENDIDA. Iniciación. 60 h
16 de novembro-18 de decembro
Luns, mércores e venres de 09:30 a 13:30 h
Luns, martes e xoves de 16:30 a 20:30 h
Nº de prazas: 7 en cada quenda


INFORMACIÓN XERAL:
CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo.
Rúa Subida ao Castelo, 10 36202 VIGO.
Tel 986220758
www.vigo.org/artesania.
Os obradoiros son gratuítos

Prazo de inscrición:
Está aberto todo o semestre ata cubrir prazas. A selección do alumnado estará marcado por criterios formativos e pola orde de entrada de solicitudes, establecéndose unha lista de espera.
Unha mesma persoa só poderá optar a un máximo de 2 obradoiros á vez. Terán preferencia as persoas que teñan feito un ou ningún obradoiro no 1º semestre.