O alcalde e os sindicatos confian en que a Xunta consensúe coa cidade posibles cambios na estrutura sanitaria
Abel Caballero reuníu este venres aos secretarios xerais dos tres sindicatos maioritarios para coñecer a súa postura sobre o novo hospital de Vigo. O alcalde confia en que a Xunta de Galicia cumpla o seu compromiso de licitación conxunta de proxecto e obra en 2009, e, de decidir cambios na estrutura sanitaria, o rexedor apunta a que deben contar co "amplo grao de consenso" do que goza o proxecto físico do novo hospital vigués.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e os secretarios xerais de UGT, CC.OO. e CIG reuníronse este venres para abordar a construcción do novo hospital de Vigo, e o rexedor mostrou a súa confianza en que a Xunta cumpla o seu compromiso de licitar conxuntamente proxecto e obra antes de rematar o ano.
En declaracións aos medios de comunicación, o alcalde asegurou que as etapas a seguir na construcción na nova infraestrutura sanitaria viguesa será a licitación conxunta de proxecto e obra este ano -comprometida na primeira visita do presidente autonómico ao Concello de Vigo- para despois consensuar posibles cambios na estrutura sanitaria que plantexen.
Abel Caballero indicou que o proxecto físico do hospital -que non será modificado polo goberno autonómico- goza dun "amplo grao de consenso" na cidade, un nivel de aceptación que o alcalde aposta por manter no caso de que a Xunta decida modificar a estrutura sanitaria.
Descargar todas as imaxes