Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche da rúa Sanjurjo Badía ao tráfico

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación da rotonda do cruzamento de Sanjurjo Badía con Enrique Lorenzo, a realizar pola empresa Movexvial, estará pechada ao tráfico a rúa Sanjurjo Badía, treito entre Enrique Lorenzo e Buenos Aires, no sentido cara a Enrique Lorenzo, con acceso exclusivo para Vitrasa, taxis e garaxes, dende o luns 07 de setembro de 2009 ás 10.00 horas e por un período aproximado dunha semana.

luns, 7 set 2009
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Dr Corbal e Maceiras. É recomendable
non sair por Pedro Alvarado a Sanjurjo Badía.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.