luns, 7 setembro 2009

Vigo adhirese á celebración do "Día do Cooperante"

O pleno da Corporación,celebrado hoxe luns, aprobou unha declaración institucional relativa á celebración do "Día do Cooperante" declarado no ano 2000 polo Consello de Ministros o día 8 de setembro. No acordo o Pleno asume o que significa a cooperación internacional e a loita contra a pobreza e desigualdade no mundo.

Mobilidade e Seguridade

Peche da rúa Sanjurjo Badía ao tráfico

luns, 7 set 2009

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación da rotonda do cruzamento de Sanjurjo Badía con Enrique Lorenzo, a realizar pola empresa Movexvial, estará pechada ao tráfico a rúa Sanjurjo Badía, treito entre Enrique Lorenzo e Buenos Aires, no sentido cara a Enrique Lorenzo, con acceso exclusivo para Vitrasa, taxis e garaxes, dende o luns 07 de setembro de 2009 ás 10.00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Mobilidade e Seguridade

Peche da rúa Bravo ao tráfico

luns, 7 set 2009

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de suministro eléctrico, a realizar pola empresa Unión Fenosa, estará pechada ao tráfico a rúa Bravo, treito entre Cerqueiro e Lourido, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 7 de setembro de 2009 ás 10.00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Matrícula para a Escola Municipal de Danza curso 2009-2010

luns, 7 set 2009

Comunícaselles ás persoas interesadas que o prazo para a presentación de solicitudes de inscrición na escola Municipal de Danza para o curso 2008-09 será dende o 14 ao 30 de setembro. Os prezos da matrícula polo curso completo son 20 euros (alumnados de 4 a 7 anos), 26 euros (restantes curso de danza) e 14 euros (percusión).