mércores, 9 set 2009
"En tempo de crise o goberno ten que priorizar o gasto e desenvolver políticas para facerlle fronte", explicou o tenente de alcalde. Neste sentido lembrou que na xuntanza anterior que mantivo cos representantes do sector e dos mercados municipais lle trasladaran a súa preocupación polos problemas económicos e as dificultades para manter o emprego e "quedei comprometido a presentar liñas de actuación encamiñadas a dinamizar o consumo". Asemade, Santi Domínguez salientou que o programa presentado hoxe ten tamén outra vertente, que é a axuda as familias con maiores dificultades, xa que se fomenta o consumo "a través de axudas as familias con menos recursos".
mércores, 9 set 2009
O alcalde reuniuse esta maña co presidente do Colexio de Farmaceúticos de Pontevedra, Nicanor Floro Andrés Rodríguez, para tratar sobre un convenio de colaboración entre o Concello, Xunta de Galicia, e Colexio de Farmacéuticos. O obxectivo do mesmo sería atender a pacientes con algún tipo de dependencia e mellorar a relación farmaceútico-paciente.
mércores, 9 set 2009
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou hoxe que o departamento que dirixe ofrece un total de 3.000 prazas que forman parte do Programa de Formación e Tempo Libre dirixido a mulleres. Segundo afirmou a edil, con este programa, que se desenvolve en colaboración con máis de 50 asociacións ata xuño de 2010, quérese "cubrir as demandas de todas as mulleres e pensando en todas as idades das demandantes".
mércores, 9 set 2009
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, salientou este mércores a importancia de potenciar as actividades do Centro de Artesanía Tradicional "dun xeito coordinado co Museo da Cidade" e así se contemplará nos vindeiros orzamentos. Na presentación dos cursos programados polo CAT para o segundo semestre de 2009, o edil asegurou que dende Patrimonio Histórico se quere "impulsar as actividades artesáns da cidade tendo en conta, non só a cestería, senón toda a artesanía tradicional".
mércores, 9 set 2009
O museo Verbum - Casa das Palabras inaugura a exposición temporal "Ramón Piñeiro, olladas no futuro" o xoves 10 de setembro ás 20 horas nas dependencias do museo.A exposición recrea a personalidade dunha das figuras máis representativas e influentes de Galicia da segunda metade do S.XX que puxo a súa vida ao servizo da reconstrución da identidade de Galicia e da dignificación da súa cultura.