As plantas de estramonio atopadas na rúa Teófilo Llorente foron retiradas a primeira hora de hoxe
A primeira hora da mañá de hoxe foron retiradas todas as plantas de estramonio atopadas nos maceteiros da rúa Teófilo Llorente. A partir de agora farase un seguimento ante a posibilidade de que se produzan novos brotes, xa que todo apunta a que a orixe da súa aparición está na terra empregada para encher os maceteiros.
Tras o coñecemento onte pola tarde da aparición das plantas de estramonio nos maceteiros da rúa Teófilo Llorente, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, trasladáronse á zona e deron orde de retiralas á maior brevidade posible. Esta mesma mañá Eudosio Álvarez supervisou persoalmente que non quedaba ningunha destas plantas nos maceteiros, aínda que considerou pertinente facer un seguimento nos vindeiros días para evitar a súa reprodución.
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, agradece a colaboración cidadá para poñer en coñecemento do goberno municipal a aparición destes exemplares. Trátase dunha planta ventureira, moi común en Galicia, que nace sen ser plantada ou cultivada.