Eudosio Alvarez avanza que as actividades do Centro de Artesanía Tradicional se coordinarán co Museo da Cidade
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, salientou este mércores a importancia de potenciar as actividades do Centro de Artesanía Tradicional "dun xeito coordinado co Museo da Cidade" e así se contemplará nos vindeiros orzamentos. Na presentación dos cursos programados polo CAT para o segundo semestre de 2009, o edil asegurou que dende Patrimonio Histórico se quere "impulsar as actividades artesáns da cidade tendo en conta, non só a cestería, senón toda a artesanía tradicional".
"Despois do proceso de reforma que estamos a acometer no casco histórico da cidade queremos tamén facer obras que melloren o contorno do CAT e así mellorar o seu espazo exterior", adiantou Eudosio Álvarez.
Para o segundo semestre de 2009 convócanse catro cursos relacionados coa cestería, que se impartirán nas instalacións do CAT, de carácter gratuíto e con prazo de inscrición aberto ata cubrir as prazas que oferta cada un deles. O coordinador do CAT, Manuel Estévez, sinalou que os cursos foron programados "con vocación de conservar, porque Vigo ten unha tradición cesteira única en Galicia".
O primeiro dos cursos ofertados "A cestería en palla", desenvolverase do 14 de setembro ao 1 de outubro, en horario de 3.30 a 13.30 de luns a venres e oferta sete prazas. O curso seguinte, "Cestería de uso doméstico II", terá lugar en dúas quendas dende o 5 de outubro ao 13 de novembro e oferta sete prazas en cada quenda. En terceiro lugar, desenvolverase "A cestería de bimbio" do 6 de outubro ao 26 de novembro, tamén en dúas quendas e sete prazas en cada unha dela.
Finalmente, terá lugar "A cestería de madeira fendida" do 16 de novembro ao 18 de decembro, que oferta dúas quendas e tamén sete prazas en cada unha. Na súa intervención, o coordinador do CAT destacou que en ano e medio se matricularon nos cursos programados case 400 persoas, 212 no 2008 e 172 no primeiro semestre de 2009, malia que só poideron participar arredor de 300 por ser cursos de prazas e espazo limitados.
Descargar todas as imaxes