Escoitar

O Verbum acolle a exposición "Ramón Piñeiro, olladas no futuro"

O museo Verbum - Casa das Palabras inaugura a exposición temporal "Ramón Piñeiro, olladas no futuro" o xoves 10 de setembro ás 20 horas nas dependencias do museo.A exposición recrea a personalidade dunha das figuras máis representativas e influentes de Galicia da segunda metade do S.XX que puxo a súa vida ao servizo da reconstrución da identidade de Galicia e da dignificación da súa cultura.

mércores, 9 set 2009
1252498197ramonpineiro.jpg
Esta exposición consta de 21 paneis nos que se diferencia unha primeira parte: SINGRADURA
VITAL (1915-1990) co seu contexto histórico (TEMPO) e en paralelo, como viviu Ramón Piñeiro
dita etapa (VIDA).

A segunda parte, CONCIENCIA DA GALEGUIDADE, reúne a obra colectiva: a "Xeración Galaxia"
(a Editorial Galaxia e o primeiro Grial, a Editorial Galaxia e a revista Grial e a importancia do
idioma) e a súa obra persoal (significado de saudade, galeguismo e nacionalismo e unha cadeira
socrática. Contactos, diálogos, compromisos).

Elementos expositivos: 21 paneis, 2 puntos interactivos, 1 documental, 7 vitrinas con obxectos,
publicacións e cartas persoais, 1 peana con máquina de escribir e a recreación do seu gabinete.

A mostra poderá visitarse do 11 de setembro ao 1 de novembro de 2009 en horario de martes a domingo de 10 a 21 horas (setembro) e de 10 a 19 horas (outubro e novembro).

Entrada gratuíta para todos os asistentes.
Descargar todas as imaxes