O alcalde inaugura o curso escolar
O alcalde Abel Caballero inaugurou esta mañá o inicio do curso escolar no centro público Josefa Alonso de Matamá.Este curso serán 10.000 estudantes nos centros públicos de Vigo, 3.000 no ciclo de infantil e 7.000 de primaria.

Caballero destacou a calidade da ensinaza dos centros público e demandou as melloras destos centros. Lembrou que é urxente un investimento de 20M€ para remodelar os 58 centros públicos da cidade, obras e actuacións que debe acometer a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación. Neste senso, o alcalde anunciou que manterá unha reunión co conselleiro de Educación nun prazo non superior a 10 días.
Descargar todas as imaxes