Escoitar

A rotonda do aeroporto estará operativa o próximo martes<br />

O alcalde Abel Caballero visitou esta mañá a rotonda de Peinador que ordenará o tráfico na zona e que estará operativa o próximo martes con motivo da inauguración da World Fishing Exhibition. O alcade lembrou que Peinador era o único aeroporto de España ó que se accedía e saía a través dun stop.<br />

venres, 11 set 2009
1252672940P9110628.JPG
Caballero subliñou que "este é un lugar de gran importancia; a confluencia do aeroporto e o IFEVI requería necesariamente desta actuación". O ministerio de Fomento realizou un investimento nesta obra e da nova rotonda que se construirá proximamente na estrada de Redondela de aproximadamente 1Meuros.

O deseño da nova rotonda posibilitará que en momentos de gran afluencia , a policía poderá reservar un carril de acceso exclusivamente cara o IFEVI mellorando a movilidade.

O alcalde indicou que con motivo da celebración da World Fishing porase en funcionamento un acceso peonil ó IFEVI grazas á gran acera que circunda a rotonda "gañando en seguridade vial".
Descargar todas as imaxes