Escoitar

O Parque Comercial Meixoeiro abre novos establecementos<br /> <br />

O alcalde de Vigo mantivo esta mañá en encontro con representantes do grupo de inversores do Parque Empresarial Meixoeiro para informarlle que dentro dun mes estarán abertos novos centros.

venres, 11 set 2009
Abel Caballero manifestou, ó remate do encontro, que na reunión analizouse cómo estaba funcionando o polígono inaugurado o pasado mes de xullo e que conta cunha superficie de 18.000m2 e indicou que "algúns establecementos comerciais teñen o doble de afluencia das previsións esperadas inicialmente".

O alcalde informou que ten programada unha reunión con todos os centros comerciais para deseñar conxuntamente un programa que potencie este ámbito para que "ocupe o lugar que se merece dentro dos ámbitos comerciais de Galicia". Engadíu que dentro dun mes estarán funcionando case todos os establecementos o que "supón 450 empregos na cidade, cuestión moi positiva para nos nestos momentos de crise",