Tenencia e Benestar Social colaboran con Érguete e Médicos do Mundo na integración de drogodependentes
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, asinaron este luns un convenio de colaboración coa presidenta da Asociación Érguete, Carmen Avendaño, e coa presidenta de Médicos do Mundo, Nieves Turienza, co obxectivo de desenvolver diversos proxectos encamiñados á integración das persoas con problemas de drogodependencias. Segundo explicou o concelleiro, mediante a sinatura destes convenios, cuxo importe global é de 113.000 euros, financiarase o servizo calor café e a unidade de rúa de Médicos do Mundo e tres pisos de inserción social xestionados por Érguete.
Santi Domínguez explicou que dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social "seguimos camiñando na senda que nos marcamos hai máis de dous anos, que é o apoio ás entidades que colaboran co Concello de Vigo no traballo coas persoas máis desfavorecidas e en risco de exclusión social". O tenente de alcalde indicou que o mundo das drogodependencias, no que o Concello tamén traballa dende o Plan Local de Drogas, é "complicado e nel hai que traballar con itinerarios moi personalizados, moi ben planificados e con persoal especializado que saiba enfocar os recursos co fin de acadar a integración desas persoas".
Neste sentido, felicitou a Médicos do Mundo e Érguete "polo traballo que veñen desenvolvendo dende a súa creación". Respecto ao documento asinado con Érguete, María Méndez, salientou que os tres pisos aos que fai referenza "forman parte do compromiso do Concello para persoas en proceso de integración sociolaboral e que xa acadaron estabilidade no proceso terapéutico".
A concelleira nacionalista indicou asemade que estes pisos serán cofinanciados coa Xunta e que en virtude deste novo convenio calquera persoa que estea nunha asociación que traballe con drogodependentes e teña acadado esa estabilidade terapéutica poderá acceder a eles. Neste sentido expresou a súa confianza en que o actual goberno da Xunta siga mantendo a súa implicación para desenvolver este tipo de proxectos.
En canto ao convenio asinado con Médicos do Mundo, María Méndez, resaltou que esta asociación "forma parte da rede que xa está no Plan Local de Drogodependencias e o convenio trata de reducir o dano das persoas". Segundo explicou a concelleira de Benestar Social, o programa calor café terá lugar os luns, mércores e venres, e proporcionará uns "coidados mínimos de carácter interdisciplinar para acadar a integración social e evitar problemas na rúa". A unidade de rúa, pola súa banda, desenvolverase os martes e xoves. "Con estes recursos buscamos completar o ciclo da integración das persoas con drogodependencias", subliñou.
A presidenta de Médicos do Mundo, Nieves Turienza, explicou que o ano pasado esta entidade atendeu 447 persoas, das que o 83% eran persoas sen fogar, maioritariamente varóns e cuns ingresos que non chegaban aos 350 euros mensuais. A presidenta de Érguete, Carmen Avendaño, pola súa banda, indicou que dos tres pisos dous serán destinados a homes e un a mulleres. O ano pasado foron 40 as persoas que empregaron o servizo de pisos xestionados por esta entidade, sendo a media de estancia neles de ano e medio.
Descargar todas as imaxes