Escoitar

"Co Paseo de A Guía, Vigo volverá a recuperar un espazo privilexiado para disfrutar do mar"

A Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, visitou esta tarde as obras de rehabilitación do borde marítimo do monte de A Guía. O proxecto ten un orzamento de 1.492.425,04 euros e nun prazo de execución de dez meses.O alcalde de Vigo agradeceu á ministra Elena Espinosa o compromiso do goberno de España unha vez mais coa cidade de Vigo.

luns, 14 set 2009
1252953727guia.jpg
"Con este proxecto, os vigueses recuperaremos un novo espazo para disfrutar do mar. Esta actuación súmase á recente apertura da ETEA, polo que o compromiso da Alcaldía cos barrios de Vigo, e en particular co de Teis, queda manifesto", comentou o alcalde Vigo, Abel Caballero.

Recuperación para os cidadáns do borde litoral
A principal actuación do proxecto de rehabilitación consiste na adecuación dunha franxa de paseo peonil de 712 metros de lonxitude que está deseñado axustándose o máximo ao trazado do camiño existente. O paseo discorrerá desde a baixada ao actual paseo (baixada a Punta Areiño), conectará coa zona do Faro e descenderá ata a zona de recheo de A Lagoa.

Outra das actuacións destacables con repecto ao tránsito de vehículos será a creación dun área de aparcamento en liña nos primeiros 90 metros do paseo que dará servizo ao mesmo e ao campo de fútbol. O tránsito rodado no paseo quedará restrinxido mediante a instalación de bolardos extraíbles.

Un mirador na zona do Faro
Na zona do Faro crearase unha grada que permitirá contemplar a paisaxe. Así mesmo, abrirase un mirador desde o que se domina a Península do Morrazo e a Ría de Vigo. Tamén haberá dúas escaleiras de baixada que permiten acadar a costal. A primeira dará acceso a unha pequena cala e a segunda á escolleira acondicionada para pescadores.

No plan de rehabilitación tamén se inclúe a revexetación da ladeira, coa eliminación de especies invasivas e a plantación de especies propias do borde atlántico de conformidade co disposto no Plan Especial de Protección do Monte da Guía.

Pavimentación e mobiliario
O tipo de pavimentación empregado consistirá en losas de marnita para o paseo, pavimento de adoquín de formigón coloreado para o vial, e granito e céspede para a zona do faro.

Bancos de pedra de granito e fontes de fundición conformarán o mobiliario do paseo.
Descargar todas as imaxes