Vigo reduciu o seu consumo de auga en máis de 1,7 millóns de m3 durante 2008
<b>aqualia</b>, empresa concesionaria da xestión integral da auga en Vigo informa que, durante o ano 2008, se reduciu o consumo de auga da cidade en máis de 1.700.000 metros cúbicos, o suficiente para abastecer durante un ano a unha cidade de 25.000 habitantes (equivalente á poboación de Marín). Cada vigués consome unha media de 128,75 litros/día, un 12,3% menos que hai oito anos. As empresas tamén reduciron o consumo de auga, case un 17% pasando dos 914 aos 765 litros.
Estas son algunhas das conclusións do balance de xestión realizado durante o pasado ano na cidade para aqualia. En palabras de José María Ardoy, director de aqualia Vigo "esta redución veu dada por varias actuacións entre as que destacan un sistema que permite manter a presión durante as horas nas que os cidadáns demandan máis caudal e reducila en horario nocturno, a instalación de contadores en instalacións municipais, a alerta aos clientes con consumos excesivos e a concienciación dos cidadáns sobre a escaseza da auga".
Por parte do Concello estivo presente Abel Caballero que resaltou que "a cidade está cada vez máis concienciada por levar a cabo un consumo responsable da auga. Proba diso é que durante o primeiro semestre de 2009, o consumo de auga por habitante para uso doméstico foi de 127,28 l/habitante e día, o que representa un aforro, con respecto ao mesmo período do ano anterior, do 1,1 %".
No que vai de ano, os vigueses consumiron unha media de 129,75 litros/día. Este lixeiro incremento está motivo polo maior consumo realizado nos meses de verán.
Máis de 36 millóns de m3 de auga captados
En 2008, aqualia captou máis de 36 millóns de m3 de auga. O servizo municipal de auga de Vigo dispón de tres captacións diferenciadas para a auga de subministro domiciliario, o manancial de Bembrive - Beade e as presas de Eiras e Zamáns. Durante 2008, o nivel medio de capacidade da presa de Eiras foi de 91,6% e a presa de Zamáns tivo unha capacidade media de 92,7%.
Durante o pasado ano, aqualia realizou máis de 66.500 determinacións analíticas superando nun 33% os requirimentos da normativa vixente, así como os comprometidos na Carta de Calidade do Servizo que establece unha cifra anual de 50.000.
Ciclo da auga
Unha vez potabilizada, a auga cumpre os requisitos para ser distribuída e consumida polos usuarios finais. Para garantir un subministro eficaz a auga potable almacénase en depósitos.
As infraestruturas que xestiona aqualia en Vigo comprenden na actualidade 21 depósitos cunha capacidade de preto de 200.000 m3, o que equivale a case 87 piscinas olímpicas, e 1.027 km de redes abastecemento, extensión de quilómetros equivalente á distancia entre Vigo e Algeciras.
Actualmente, en Vigo hai 950 quilómetros de rede de sumidoiros e durante 2008 limpáronse máis de 2.000 quilómetros desta rede.
As dúas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (Lagares e Teis) depuraron 61.768.000 m3 de auga.
Factura electrónica
En 2008, aqualia puxo en marcha a factura electrónica que permite a recepción da factura directamente no e-mail do cliente contribuíndo ao desenvolvemento sostible. Máis de 2.100 vigueses solicitaron este servizo durante o pasado ano.
Xestión de clientes
aqualia Vigo atendeu a máis de 38.816 clientes. De todos eles, 36.638 foron atendidos nas nosas dúas oficinas de Vigo e 2.178 foron atencións técnicas. O ano pasado a atención en aqualia Contact superou os 56.000 contactos. Destes, o 63% foron consultas, o 29% solicitudes e o 7% avarías e menos do 0,25%, reclamacións. A través de aqualiaOnline (www.aqualia.es/vigo), 1.410 son os clientes rexistrados desde xaneiro do ano 2008.
A maior infraestrutura de Galicia
aqualia é a empresa concesionaria da xestión integral da auga en Vigo desde 1991. En Vigo, aqualia conta cunha rede de distribución de 1.027 Km. e abastece a máis de 300.000 habitantes, o que a converte na maior infraestrutura de Galicia. Na cidade de Vigo, aqualia conta con empregados altamente cualificados nas diversas áreas para ofrecer a xestión integral do servizo público de auga. aqualia é a 5ª compañía de xestión de auga do mundo. Actualmente atende a 26 millóns de habitantes en máis de 1.100 municipios. En España está presente en máis de 800 municipios, con Delegacións Territoriais en Madrid, Sevilla, Barcelona, Vigo, Oviedo, Bilbao, Badajoz, Lérida, Palma de Mallorca, Salamanca, Porto da Cruz, Toledo e Murcia. En 2007, foi elixida Mellor Compañía de Xestión de Auga do ano en todo o mundo pola prestixiosa publicación internacional Global Water Intelligence, un recoñecemento que premia a súa evolución nos últimos anos e a súa traxectoria internacional. No exterior, conta con oficinas en Argelia, Dubai, Portugal, Méjico, Italia e República Checa.
Descargar todas as imaxes