O festival "Vigounhaedez" desenvolverase entre mañá e o sábado coa proxección de curtas, obradoiros e concertos
<br /> A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, anunciou este luns que o festival de curtametraxes "Vigounhaedez", organizado en colaboración coa asociación xuvenil Abertal, comezará mañá, 22 de setembro, coa proxección en tres espazos da cidade das gravacións presentadas a concurso, como son o Punto Xove de López de Neira, o Punto Xove do Castro e o cine Salesianos. O festival tamén acollerá obradoiros e encontros, e rematará o sábado 26 de setembro coa gala de entrega de premios e o concerto a cargo de Panta Rei e os Vacalouras.
"Dende a Concellería de Xuventude queriamos proporcionar un punto de encontro á xuventude e darlle voz para mostrar os seus traballos", explicou Iolanda Veloso. Segundo indicou a edil do BNG, na cidade "había demanda por parte da xuventude de facilitarlles a entradaa ao mundo do audiovisual, polo que decidimos apoiar a iniciativa da asociación Abertal". Sinalou que o certame dirixiuse a mozos e mozas de entre 15 e 30 anos co obxectivo de amosar a súa visión da cidade á unha e dez da noite.
Na presentación do festival tamén participaron, por parte da asociación Abertal, Alicia Francés e Loreto Sotelo, quenes sinalaron que ademais da proxección das curtametraxes, o venres 25 o festival inclúe obradoiros ás 16 horas sobre como facer videos de baixo custe e de interpretación. Tamén está prevista a celebración dun encontro, ás 19 horas, a cargo de Jorge Coira, Luis Tosar e Antonio Pereira con profesionais e mozos e mozas que están comezando no mundo do cinema. Para participar nesta actividade é preciso inscribirse previamente en Abertal.
O sábado 26, ás 10 horas, continuará o obradoiro "Video low cost" e ás 16 horas desenvolverase outro sobre guión e interpretación. A partir das 20.30 horas, o cine Salesianos acollerá a proxección das curtamentraxes finalistas, a entrega de premios e o concerto de peche do festival a cargo de Panta Rei e os Vacalouras. "O programa completo do festival pode consultarse na web www.vigounhaedez.org", sinalou a concelleira de Xuventude, quen animou a toda a mocidade a participar nas diferentes actividades programadas.
Descargar todas as imaxes