mércores, 23 set 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este mércores que está a piques de pecharse a adquisición da emblemática Casa do Patín no marco da rehabilitación do barrio de Bouzas. O concelleiro avanzouno no trancurso dunha visita que realizou a dúas das vivendas ubicadas na praza de Diego Santos e na rúa Ferreiros que contan cun proxecto de rehabilitación, e na que tamén participou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez.
mércores, 23 set 2009
Abel Caballero indicou este mércores que posiblemente a próxima semana terá lugar unha reunión en Madrid co Ministro de Xustiza, o galego Francisco Caamaño, para planificar a incorporación do Xulgado do Mercantil na cidade. O alcalde agradeceu a "intervención decisiva" de Caamaño na consecución da dotación, que "prácticamente xa a temos" a falta da ratificación final.
mércores, 23 set 2009
Tras unha reunión co ANPA do centro, o alcalde lles anunciou que o Concello asumirá os 18.000 euros que custa aproximadamente o mantemento do transporte duns 200 escolares ao Colexio Mosteiro. A Xunta de Galicia retiroulles a subvención, segundo indicaron, e o Concello a asumirá, pois "en momentos de crise non imos fallar ao sistema educativo da cidade", salientou o alcalde.
mércores, 23 set 2009
A concellería de Benestar Social, en colaboración coa asociación Érguete, porá en marcha o programa preventivo "Eu son eu", dirixido a alumnos e alumnas de 6º de Primaria. O obxectivo da iniciativa, que se desenvolverá nunha sesión semanal ao longo dun trimestre, consiste no fortalecemento da personalidade individual ante a presión do grupo.