Escoitar

O alcalde viaxará a próxima semana a Madrid para planificar co ministro de Xustiza a instauración do Xulgado do Mercantil en Vigo

Abel Caballero indicou este mércores que posiblemente a próxima semana terá lugar unha reunión en Madrid co Ministro de Xustiza, o galego Francisco Caamaño, para planificar a incorporación do Xulgado do Mercantil na cidade. O alcalde agradeceu a "intervención decisiva" de Caamaño na consecución da dotación, que "prácticamente xa a temos" a falta da ratificación final.

mércores, 23 set 2009
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que posiblemente a próxima semana viaxará a Madrid para iniciar a planificación do Xulgado Mercantil para Vigo co Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño.

A falta da ratificación oficial da localización na cidade desta dotación xudicial tan demandada que "practicamente xa a temos", o rexedor quixo asemade agradecer ao ministro a súa "intervención decisiva" para que Vigo conte definitivamente co Xulgado Mercantil e o invitou a realizar unha visita oficial a cidade para que prestarlle un "recoñecemento oficial".