Comezo das actividades da segunda edición do Plan Saúde
Unha vez máis, a Concellería de Medio ambiente, Sanidade e Consumo de Vigo leva a cabo un programa de actividades co obxectivo da mellora da saúde dos cidadáns do municipio.Nesta ocasión, achegase a práctica de tai chi, pilates, ximnasia de mantemento e actividade física saudable ás asociacións que solicitaron participar no programa, xa que un dos obxectivos é facilitar a realización de actividades no propio entorno veciñal e aproveitando os espacios de encontro que usan de xeito habitual.
Como apoio a este e outros programas, a Concellería creou no presente ano a Unidade Concello Saudable, coa dotación mínima dun técnico en Actividade Física e outro en Nutrición e alimentación, poñendo os seus servizos de asesoramento, control e seguimento a disposición dos cidadáns.
Próximas actividades
No próximo Outono está previsto comezar una nova edición do programa CAMIÑO A CAMIÑO, que tanto éxito acada ano tras ano, e que achega aos cidadáns aos diferentes entornos do municipio, unindo obxectivos relacionados co fomento de estilos de vida saudables e o respecto polo medio ambiente.
O programa ten previsto comezar as saídas o 17 de Outubro e finalizar o 20 de Decembro, mantendo sen actividade os fins de semana do 1 de Novembro e do 6 de Decembro polas datas sinaladas que inclúen.
O apartado do PLAN SAÚDE da web do Concello de Vigo dispón cada día de máis información que pode ser de gran utilidade para os cidadáns, facilitando a descarga de rutas urbanas para percorrer a cidade, planos dos Grandes e Pequenos Percorridos do noso entorno, guías para pais e nais sobre Actividade Física e Saúde, as fichas técnicas do Camiño a Camiño, etc. Este espazo pretende ser un punto de encontro no que os seus usuarios descarguen todos os contidos que se están a preparar nos diferentes programas de actividades.
A Concellería está a piques de editar 10.000 exemplares duns cadernos que recollerán información de catro novas rutas pola cidade e o seu plano, información sobre a prevención da exposición solar, os
efectos nocivos do tabaco, propostas de menús saudables, consellos para a práctica de actividade física de xeito regular, consellos para combatir o estrés ou ansiedade, etc. Esta información tamén se subirá á páxina web do Concello en formato descargable.
O luns 21 de setembro comezan de novo as andainas polas rutas urbanas co asesoramento dun técnico que acompaña cada día e durante todo o percorrido aos participantes. Calquera usuario deste programa pode levar un control dos pasos ou metros percorridos en cada ruta ou non total das mesmas por medio dos podómetros que a Concellería dispón. De xeito novedoso nesta edición, facilitarase un pulsómetro para rexistrar a frecuencia cardíaca durante os percorridos
e poder avaliar con maior detalle a intensidade do exercicio.
Calendario de andainas de setembro
Luns 21- ruta 1
Mércores 23- ruta 2
Venres 25- ruta 3
Luns 28- ruta 4
Mércores 30- ruta 5
Descargar todas as imaxes