Vigo súmase o "Día Mundial sen coche"
O martes, 22 de setembro, dentro do marco da semana europea da mobilidade, Vigo sumarase un ano mais ao Día Mundial sen coche.O obxectivo destas iniciativas é informar, concienciar e dar participación á cidadá na tarefa de mellorar a calidade de vida das cidades, reducindo o número de coches en circulación e demostrando na práctica os beneficios que reporta o que os automobilistas deixen o coche en casa.
Unha das iniciativas que tomará o Concello de Vigo no Día Mundial sen coche será pór a disposición dos cidadáns algunhas liñas de transporte público gratis.
Baixo a lema "Mellora o clima da túa cidade" celébrase o vindeiro martes 22 de setembro o Día Mundial sen coche.
O Concello de Vigo pon a disposición dos cidadáns unha serie de lineas do transporte urbano:
C2 (Circular centro);
C7 (Praza de España-Zamans)
Linea 14 (Chans, Bembrive-Praza Eliptica) Linea 18 (Sardoma-Salgueira-Arenal) Linea 20 (Freixo-Porta do Sol) Linea 21 (Colon-Matama) Linea 25 (Praza de España-Cabral) Linea 29 (Fragoselo-Praza de España)
Tamén serán gratuítas as dúas lanzadeiras á Universidade, grazas a un acordo entre Universidade e Concello para o financiamento das mesmas.
O alcalde anunciou que o martes, él e parte do goberno utilizarán o transporte urbano para os seus desprazamentos.