Escoitar

Aberta a matrícula para os cursos de adultos no MARCO

A partir do mércores 7 de outubro, comezarán no MARCO tres novos cursos para adultos, impartidos por Ana Pereira Molares, e destinados a persoas interesadas en coñecer de primeira man os principais movementos e autores da historia da arte contemporánea.

luns, 21 set 2009
1253529621cursosmarco.jpg
Nesta nova tempada 2009-2010, ademais da repetición do curso ‘DE PICASSO A HIRST. 30 figuras da arte contemporánea’ (outubro 2009-xuño 2010), ofrécense dous cursos cuadrimestrais, nos que os participantes se poden matricular de forma independente ou conxunta: ‘O PROTAGONISMO FEMININO NA ARTE CONTEMPORÁNEA’ (outubro 2009-febreiro 2010) e ‘A FOTOGRAFÍA. Historia doutra mirada’ (febreiro-xuño 2010).

Dende o 7 de setembro está aberto o prazo de matrícula para os tres cursos, que se pechará unha vez que estean cubertas todas as prazas. Tanto os programas detallados dos cursos como as fichas de inscrición, están dispoñibles na taquilla do MARCO (en horario de 11.00 a 21.00 de martes a sábados, e de 11.00 a 15.00 os domingos) e no apartado ‘Actividades’ da web www.marcovigo.com

CURSO
‘De Picasso a Hirst: 30 figuras da arte contemporánea’
2ª edición deste curso, sobre artistas da 2ª metade do século XX e inicios do XXI, con especial atención aos creadores actuais

Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: Ana Pereira Molares
Datas: do 7 de outubro 2009 ao 26 de maio 2010
Lugar: salón de actos
Horario: mércores, de 18.00 a 19.15


CURSOS CUADRIMESTRAIS
‘O protagonismo feminino na arte contemporánea’
Unha nova visión da arte contemporánea a través de sesións monográficas sobre mulleres artistas dos séculos XX e XXI

Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: Ana Pereira Molares
Datas: do 7 de outubro 2009 ao 10 de febreiro 2010
Lugar: salón de actos
Horario: mércores, de 19.30 a 20.45

‘A fotografía: historia doutra mirada’
Unha análise da historia da fotografía, dende o seu nacemento ata as últimas tendencias

Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: Ana Pereira Molares
Datas: do 24 de febreiro 2009 ao 2 de xuño 2010
Lugar: salón de actos
Horario: mércores, de 19.30 a 20.45
Descargar todas as imaxes