luns, 21 set 2009
O martes, 22 de setembro, dentro do marco da semana europea da mobilidade, Vigo sumarase un ano mais ao Día Mundial sen coche.O obxectivo destas iniciativas é informar, concienciar e dar participación á cidadá na tarefa de mellorar a calidade de vida das cidades, reducindo o número de coches en circulación e demostrando na práctica os beneficios que reporta o que os automobilistas deixen o coche en casa.
luns, 21 set 2009
O concelleiro de Cultura, Xesus López, e o edil de Deportes, Xabier Alonso, presentaron este luns unha nova edición do programa "Camiña e coñece", que o vindeiro domingo, 27 de setembro, percorrerá a parroquia de Saiáns. Nas súas intervencións, os concelleiros lembraron que o obxectivo desta iniciativa, para a que non é preciso inscribirse previamente, consiste en potenciar o desenvolvemento de hábitos saudabeis ao mesmo tempo que fomentar o coñecemento do patrimonio cultural de Vigo e os seus barrios e parroquias.
luns, 21 set 2009
<br />
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, anunciou este luns que o festival de curtametraxes "Vigounhaedez", organizado en colaboración coa asociación xuvenil Abertal, comezará mañá, 22 de setembro, coa proxección en tres espazos da cidade das gravacións presentadas a concurso, como son o Punto Xove de López de Neira, o Punto Xove do Castro e o cine Salesianos. O festival tamén acollerá obradoiros e encontros, e rematará o sábado 26 de setembro coa gala de entrega de premios e o concerto a cargo de Panta Rei e os Vacalouras.
luns, 21 set 2009
A partir do mércores 7 de outubro, comezarán no MARCO tres novos cursos para adultos, impartidos por Ana Pereira Molares, e destinados a persoas interesadas en coñecer de primeira man os principais movementos e autores da historia da arte contemporánea.
luns, 21 set 2009
A Concellería de Igualdade abrirá o día 23 o prazo de inscrición para participar no módulo: "Dereito e relacións de xénero" do Programa Oficial de Posgrao de Estudos de Xénero organizado pola Universidade de Vigo en colaboración con esta concellería.