O Concello subvencionará o transporte escolar do colexio Mosteiro
Tras unha reunión co ANPA do centro, o alcalde lles anunciou que o Concello asumirá os 18.000 euros que custa aproximadamente o mantemento do transporte duns 200 escolares ao Colexio Mosteiro. A Xunta de Galicia retiroulles a subvención, segundo indicaron, e o Concello a asumirá, pois "en momentos de crise non imos fallar ao sistema educativo da cidade", salientou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que o Concello asumirá os 18.000 euros do mantemento do transporte escolar ao Colexio Mosteiro de Bembrive, unha subvención retirada este ano pola Xunta de Galicia e que abserberá a administración municipal porque "en momentos de crise non imos fallar ao sistema educativo da cidade".
Así o asegurou Abel Caballero tras unha reunión co ANPA do centro mantida este mércores, na que abordaron a situación na que queda o centro despois da retirada da subvención; unha "seria dificultad para a educación" que o Concello subsanará, tal e como indicou o alcalde.
O rexedor recordou que o Concello vigués está a asumir asemade outras competencias autonómicas en materia de educación, como a ampliación dos comedores escolares, as becas de comedor e agora o transporte escolar no centro educativo Mosteiro.
Centros concertados
Este mércores o alcalde entrevistouse tamén coa Federación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos do Suroeste de Galicia, que representa á práctica totalidade dos colexios concertados da provincia de Pontevedra.
O colectivo solicitou do alcalde a inclusión dos colexios concertados no sistema municipal de becas de inglés no Reino Unido de cara a próximos anos, un programa que ten na actualidade a 125 escolares nunha estancia de tres semanas estudando inglés no estranxeiro. Abel Caballero afirmou que estudará a proposta.
A Federación solicitou tamén a concesión de bolsas para comedores aos estudantes dos centros concertados con menores rendas económicas, achegas que o Concello xa está a tramitar.
Descargar todas as imaxes